Barreiros Mar e Monte continúa cos roteiros dos sábados

O colectivo de sendeiristas Barreiros Mar e Monte organiza unha nova tanda de roteiros para os sábados, agás o de Entroido.

Así, o sábado 8 de febreiro será a ruta polo Camiño de Santiago Norte, que contará cun xantar no bar A Curva por 10 euros.

O sábado 15 será o roteiro de Entroido que coonta cunha ruta-baile de disfraces e un xantar. Comezarán a andaina ás 10 horas desde o bar Miramar cara a ruta do río Masma, e ás 14.30 horas será o xantar no centro social Vilamar. Haberá baile, copas, brindis e moita festa, e a organización lembra que haberá premio ao mellor disfraz.

O día 23, tocará a ruta-xantar-baile de disfraces coa comida na Yenka por 15 euros, e o roteiro discorrerá polas praias de Barreiros.

Por último, o 1 de marzo será o de o marco de Pena Verde, que contará con xantar de 12 euros.

Recomendan anotarse escribindo a barreirosmaremonte@gmail.com ou chamando ao 622 758 079.

Etiquetas