Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A asociación moteira Martelos Costa Norte organiza en Viveiro unha recadación benéfica

Por 11 Febreiro, 2020Sin comentarios

A asociación moteira Martelos Costa Norte, da que forman parte afeccionados da Mariña e Asturias, organiza para o sábado 15 de febreiro unha recadación benéfica.

O día 15 celebrase o Día Internacional del Cancer Infantil, e a asociación preparará na praza Maior de Viveiro desde ás 16 ata as 20 horas unha chocolatada con churros, e sobremesas de Entroido.

Ademais, haberá actividades de ocio dirixidas por Kiko Karrolo e un espectáculo temático por BL.

A organización lembra que toda a recadación irá integramente para a Asociación para el estudio del meduloblastoma infantil Nico contra el cáncer infantil.