Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Escola de Música Moderna de Trabada oferta un amplo abano de especialidades

Por 11 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Trabada continúa con novos proxectos como a creación da Escola de Música Moderna de Trabada.

Dende o Concello pretenden poñer en marcha este proxecto educativo co fin de proporcionar á veciñanza unha formación musical de calidade á vez de enriquecer a cultura e o espírito do pobo.

Este proxecto baséase na premisa de que non existe unha idade establecida para aprender, polo cal a oferta educativa está aberta a calquera persoa indeferentemente da súa idade. As especialidades instrumentais ás que se pode optar, entre outras, son: piano, batería, guitarra, baixo eléctrico, saxofón, clarinete, gaita, acordeón e percusión tradicional, ademáis da materia de música e movemento para os nenos e nenas entre catro e oito anos.

Para explicar polo miúdo todos e cada un dos aspectos deste novo proxecto, farán unha reunión informativa que se celebrará o mércores, 12 de febreiro ás 16 horas no Ceip Plurilingüe Celso Currás.