Ignacio Rojo recibirá a segunda Troita de ouro na Festa da Troita da Pontenova

A directiva do Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova propuxo que este ano a segunda Troita de ouro sexa entregada a Ignacio Rojo Herguedas, biólogo, editor e presentador do programa Caza y pesca de Movistar +.

Rojo é pescador e cazador, ademais dunha persoa moi comprometida co medio ambiente e o seu coidado. Tamén é o presidente da Asociación de Pescadores por la Conservación de los Ríos (APCR),unha  asociación non lucrativa que trata de conservar e fomentar os valores do medio natural e os seus habitantes nos hábitats acuáticos.

Ademais, deron a coñecer a quen entregarán outra Troita de Ouro na edición deste ano. Trátase da Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non. As razóns que argumentan para a concesión desta distinción son que esta plataforma conseguiu paralizar a reapertura da mina de cobre.

En setembro a directiva xa comunicara que o certame do salmón da Festa da Troita levará o nome de VIII Concurso de Salmón Memorial Luís Moirón‘, en lembranza do compañeiro finado.

Cabe lembrar que 130 pescadores, oito deles campións e excampións do mundo, participaron na 41ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional. 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: