Skip to main content
AMARIÑAXA

Propósitos de ano novo

Por 11 Febreiro, 2020Sin comentarios

Por Noel López Pinín

Ola de novo un mes máis, espero que esteñades aprendendo un montón con esta sección mensual de nutrición e que vos sirva para ser máis conscientes do que comemos e da importancia de estar ben asesorado. Nesta vez vamos a falar dos aceites vexetais.

QUE SON OS ACEITES VEXETAIS?

As graxas  vexetáis obtéñense  da extracción da graxa das semillas ou dos froitos, están compostos principalmente por lípidos saponificables, é decir, unidades de ácidos graxos de diferentes estructuras o que confire diferentes propiedades aos diferentes aceites dispoñibles.

Os aceites vexetáis obtémolos  da extracción das semillas de cabaza, semillas de lino, semillas de xirasol, da oliva etc.

Os aceites vexetáis  atopámolos en estado líquido a diferencia das graxas de orixe animal que se atopan en estado sólido debido ao seu maior contido en graxas saturadas . Un aceite vexetal rico en graxas saturadas son por exemplo o aceite de coco ou o aceite de palma , por ese motivo atópanse en estado sólido e tamén  por ese motivo son aceites moi empregados na elaboración de repostería.

Os ácidos graxos predominantes nos aceites vexetáis son os monoinsaturados e os poliinsaturados  como omega 3-6-9.

A margarina atópase en estado sólido debido a unha hidroxenación das graxas mediante un procesado no cal se introduce hidróxeno , dito  procesado provoca   unha alteración na calidade da graxa xerando  propiedades perxudiciais para o noso organismo en lugar de beneficiosas.

Xa que agora  temos claro que son os aceites vexetáis vamos a falar dos diferentes métodos empregados para  a súa obtención.

1º EXTRACCIÓN EN FRÍO

Someten a semilla ou froito a unha presión mecánica en frío a menos de 27º, o zume extraído de esa  1º extracción é o aceite virxe extra.

PRENSADO EN QUENTE

Prénsase en quente  , o aumento de temperatura a hora de obtelo aceite provoca un deterioro parcial ou total das graxas reducindo a súa calidade e aumentando a súa acidez.

ACEITES REFINADOS

A masa obtida logo do 1º prensando en frío pódese refinar para obter máis aceite mediante o uso de disolventes , ditos disolventes separan a parte da graxa obtendo de ese xeito máis aceite  refinado.

Agora que xa sabemos un pouco máis dos aceites  e do método de obtención   toca falar dos beneficios de consumir aceites vexetais virxe extra en cru.

Algúns dos beneficios son: aportan enerxía, mellora a absorción das vitaminas liposolubles, aportan betacarotenos que se transforman en vitamina A, reducen o colesterol malo e elevan o colesteol bon (HDL), disminue o avance da demencia, mellora as enfermedades coronarias e circulatorias e son fundamentais para o cerebro.

Existen centos de aceites vexetais no mercado, ¿cal é o mellor?. O mellor aceite é o de oliva por diversos motivos. É o mellor para consumir tanto en cru como para cociñar xa que os seus ácidos graxos son os  máis estables e aguantan mellor o calor. É rico en omega 9 (ácido oleico), é bon equilibrio entre graxas poli e mono (omega 3-6-9), e ten propiedades antioxidantes para o corazón.

Existen varios tipos de aceite de Oliva, o aceite de oliva Virxe Extra que se trata do de máis calidade, acidez inferior ao 1% , color verde intenso polo seu alto contido en clorofila e flavonoides. O aceite de oliva Virxe que ten unha acidez  que ronda o 2-3%. E o aceite de orujo de oliva que se obten mediante un proceso de refinación aplicado ao oso da oliva.

Agora vamos a falar un pouco do aceite de xirasol para desmitificalo un pouco. O aceite de Xirasol é rico en omega 3-6 , ditas graxas deterioranse con facilidade co cal non se recomenda para nada o uso de este aceite para cociñar.

Se necesitades da miña axuda recordade que podedes  atoparme en varios puntos da Mariña Lucense  como Ribadeo, Foz, Burela ,  Covas e tamén  fora da Mariña en Navia , Coruña , Ferrol,  Láncara e Lugo.