A asociación cultural Fervenza de Sargadelos conmemora o Día de Rosalía

O 22 de febreiro a asociación cultural Fervenza de Sargadelos conmemora o Día de Rosalía no Café Bar Cultural A Sacabeira.

A partir das 12.30 horas haberá 30 degustación do Caldo de Gloria e ás 18.00 unha charla coa escritora convidada, que este ano será Eli Ríos.

Para pechar o acto, realizarase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación Escritoras-es Lingua Galega – AELG redactado, este ano, por Daniel Asorey.

Etiquetas