Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros organiza varias actividades de Entroido

Por 12 Febreiro, 2020Febreiro 18th, 2020Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza unha serie de actividades de Entroido dirixidas aos nenos.

Darán comezo o día 23 co GatroEntroido, unha festa infantil ás 18.00 horas no Centro Sociocultural, e despois haberá unha actuación do Capitán Garfo.

Ao día seguinte os pequenos poderán desfrutar dun obradoiro de disfraces reciclados e o 26 terán un obradoiro Larpeiro, no que farán sobremesas típicas destas datas e será na cociña do colexio de San Cosme. Ademais, pola tarde haberá merenda e festa no colexio.

O 28 ás 21.00 horas terá lugar o desfile acompañado polos xigantes e cabezudos, que sairá desde o Concello. Ás 22.30 horas comezará a cea baile, amenizada polo Dúo Estrellas, e entrega de premios no pavillón. A recollida de tarxetas poderá facerse desde o luns 24 no Concello. O prezo é de 17 euros e 8 a entrada infantil. Haberá premios, na categoría infantil, en Individual: 30 euros para o primeiro e 20 para o segundo; Parella: 40 para o primeiro e 30 para o segundo; e Grupo: 60 para o primeiro e 40 para o segundo. Na categoría de adultos, os premios serán: en Individual, 50 para o primeiro e 30 para o segundo; en Parella, 60 para o primeiro e 40 para o segundo; en Grupo, 100€ para o primeiro e 50 para o segundo; e Comparsa/Charanga, 300 para o primeiro, 250 para o segundo, 150 para o terceiro e 100 para o cuarto.

Xa pola noite será a cea e o o baile que estará amenizado polo grupo Duo Estrellas.