Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz acollerá unha xornada de iniciación á orientación

Por 12 Febreiro, 2020Sin comentarios

Foz acollerá unha xornada de iniciación á orientación o vindeiro o sábado 29 entre ás 10.00 horas no Campo de fútbol de Malates

O percorrido terá arredor de 15 balizas, e a mañá comezará cunha charla informativa de regras e desenvolvemento do evento.

Acto seguido aos participantes daránselles unhas nocións básicas de como orientar un mapa, de como interpretar o que ven nos mapas, e cada parella participante levará un mapa con folla de contro , é recomendable que cada equipo traia unha funda plástica para meter nela o mapa.

A organización recomenda que os que teña compás plano que o leven, que está prohíbido o uso de elementos electrónicos como o gps, e é obrigatorio levar roupa e calzado deportivo.

Os mapas serán entregados pola organización e a zona onde se desenvolverá a carreira estará controlada por varios monitores da organización.
A meta e saída estará situada no mesmo punto e as saídas serán cada minuto po 1 parella infantil e 1 parella cadete.

O gañador será quen teña maior número de balizas, e realice menos tempo.

Aquelas entidades que teñan interés en participar, deben mandar un listado coas parellas por categorías ao correo da Agrupación a máis tardar o mércores 26 de febreiro ás 12.00 horas.