Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O SAF de Mondoñedo suma oito novos usuarios

Por 12 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mondoñedo suma oito novos usuarios, de modo que chega a 113 familias. A alcaldesa, Elena Candia, destaca que neste momento o servizo está totalmente ao día e sen lista de espera.

Candia sinala que “para nosoutros sigue sendo un dos servizos máis importantes toda vez que  entendemos que hai que habilitar todos os mecanismos cos que poidamos contar para que a nosa xente maior viva nos seus fogares o maior tempo posible e nas mellores condicións posibles”.

A presidenta da corporación municipal destaca que o SAF xera 23 postos de traballo (auxiliares de axuda no fogar). Atende de luns a domingo e en horario de maña e tarde, mediante persoal propio do Concello.

A alcaldesa dixo tamén que o SAF é un servizo ao que se destina unha importante cantidade económica. Ademais da aportación que fai o propio Concello, no caso do Servizo de Axuda no Fogar-Dependencia está subvencionado, en parte, polo Servizo de Dependencia da Consellería de Política Social, e o SAF-Prestación Básica, en parte, a través do Plan Único da Deputación de Lugo.