Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O surfista ribadense Martín Fernández obtivo un trofeo

Por 12 Febreiro, 2020Sin comentarios

O pasado sábado 8 de febreiro tivo lugar en Nigrán, Pontevedra, a Gala do Surf Galego na que o surfista ribadense Martín Fernández obtivo o trofeo de recoñecemento polo seu primeiro posto na categoría Sub14 do Circuíto Galego Junior de Surf 2019.

O segundo posto da categoría foi para Ivan Rodriguez, de Vigo e o terceiro para Sebas Bamonde, da Coruña.

Para ser Campión deste circuíto Martín tivo que vencer en tres das catro probas disputadas ao longo do ano pasado en distintos puntos de Galicia, concretamente logrou o primeiro posto nos campionatos da Praia de Patos en Pontevedra, Bastiagueiro na Coruña e O Vicedo en Lugo.

Para este 2020 Martín cambia de categoría e partir de agora competirá tanto a nivel autonómico como nacional, na esixente categoría Sub16.