Desfiles, concursos, obradoiros, música e moita diversión no Antroido de Viveiro

O Concello de Viveiro presentou hoxe a programación do Antroido 2020, que este ano chega con moitas actividades para todas as idades desde o día 20 e ata o 29 deste mes.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández, presentaron hoxe en rolda de prensa a programación, que comeza co Xoves de Comadres o día 20 e o desfile dos colexios o venres 21.

O sábado 22 será o Certame de Alpuxarradas, o luns 23 o Entroido miudo e o martes 25 os Cantos da Taberna e o gran desfile, que sairá ás 17.00 horas do aparcadoiro da variante para rematar na praza Maior.

O concello repartirá no desfile máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías e o prazo para apuntarse remata o 20 de febreiro. Establécese ademais unha axuda especial por importe máximo de 200 euros, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile. Para poder obtar a dita axuda teñen que estar inscritas no prazo establecido

A programación continúa o mércores 26 co Enterro da Sardina e rematará o sábado 29 de febreiro co Entroido de Galdo, poñendo desta maneira fin a dez días de festa e diversión.

“Xa temos gañas de Entroido, de disfraces e de pásalo ben, cunha gastronomía que sempre axuda; a programación municipal está planificada para que todos os veciños e veciñas, independentemene da súa idade, poidan disfrutar das actividades”, afirma a alcaldesa de Viveiro.

Etiquetas