O Resurrection Fest ofrece o venres abonos para empadroados en Viveiro

A partir deste venres 14 de febreiro estarán dispoñibles as entradas para o Resurrection Fest para os empadroados en Viveiro.

Estas entradas poderán mercarse nos claustros de San Francisco, e a organización lembra que haberá que pagalos con tarxeta e que só poderán desfrutar desde abonos os censados hai máis de 6 meses e deberá ensinarse o DNI á hora da compra.

O prezo será de 79 euros para os abonos de 3 días e 149 para as Pandemonium. Ambas estarán limitadas e só poderán comprarse ata o 30 de maio ou fin de existencias.

O horario de apertura do claustro é de 9.30 a 14.00

Etiquetas