A Fraga do meu avó, de Mamá Cabra chega a Viveiro

O sábado 15, o teatro Pastor díaz de Viveiro acolle a obra A Fraga do meu avó, de Mamá Cabra.

A obra dará comezo ás 18 horas e durará 60 minutos.

As cancións coas que enchemos A Fraga do meu avó naceron o día que Gloria paseou por ela co seu primo Cándido que lle contaba miles de contos que sucederan na fraga. Coas súas botas e o seu gavillo percorreu o regato que a cruza, buscábamos a fonte, a fonte da que todos nos falaban e que estaba agochada entre o lixo e a maleza. A base de paseos e visitas apareceron ante os meus ollos animais que nunca vira, árbores inmensas que sabían os segredos da vila, prantas que sanaban e floriñas ventureiras.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: