Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro convoca as bases para a contratación dun técnico informático, un electricista e un pintor

Por 15 Febreiro, 2020Sin comentarios
O Concello de Viveiro publicou no BOP un anuncio coas bases específicas para a selección dun técnico informático, un oficial electricista e un oficial pintor. O prazo para presentar as solicitudes remata o mércores 19 de febreiro.

En concreto, por parte do Concello de Viveiro vaise proceder á contratación de tres dos seis traballadores incluídos no programa Fomento do Emprego 2019, financiado pola Deputación de Lugo segundo as bases reguladoras do plan único de cooperación cos concellos 2019 para a realización de obras e a prestación de servizos de competencia municipal.

Este plan creouse para a realización de programas de dinamización económica e para medidas de fomento de emprego, mediante a contratación de traballadores en situación de desemprego.

“Aínda que non temos as competencias en materia de emprego, desde os concellos debemos impulsar iniciativas para xerar postos de traballo e formar aos desempregados”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

As bases completas están no BOP de onte, martes 12 de febreiro.