Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A plataforma Pro-Celeiro celebra a adxudicación da Edar

Por 17 Febreiro, 2020Sin comentarios

A veciñanza da plataforma Pro-Celeiro alégrase de que Augas de Galicia estea a cumprir os prazos anunciados na reunión mantida en setembro do 2019 con respecto ás obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Viveiro.

As obras, tal como adiantaron naquela reunión, acaban de ser adxudicadas a Espina y Delfín S. L. cun prazo de execución de 18 meses. Falta saber a data prevista para o inicio dos traballos.

Confian que sexa inmediato, porque o emisario roto na dársena de Celeiro semella que vai seguir igual durante anos, e o mínimo que reclamamos é que os vertidos á ría saian depurados. Non saben se Patrimonio deu o visto bo para seguir adiante cos trámites de cara á súa retirada.

A plataforma Pro-Celeiro seguirá atenta os prazos e demandando canto represente mellorar Celeiro, un pobo que segue a estar abandoado malia a puxanza e renome do seu porto pesqueiro. Sobran exemplos que están á vista de todo o mundo. A rúa do Porto, dende a entrada a Celeiro pola avenida Ramón Canosa ate o muelle do Puntal, encadea problemas e anomalías como que o abombe da rúa polo peso dos camións que transportan pedra para o muelle comercial, as liñas da calzada e pasos de peóns sen pintar, aparcamentos sen delimitar, os muros da praia sen pintura, a rampa de acceso á praia desfacéndose e mesturándose coa area e un longo etcétera que evidencia dende hai anos a necesidade dunha intervención integral nesta zona de Portos de Galicia, a máis esquecida e degradada da localidade.

Pro-Celeiro rexistrará estas demandas ante Portos, responsable desta situación de deterioro e do seu mantemento en condicións dignas.