Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro demanda á Xunta que adecente a pista deportiva da Casa da Xuventude

Por 17 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro demandou á Xunta de Galicia que adecente de forma urxente a pista deportiva da Casa da Xuventude, en moi mal estado actualmente.

En concreto, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, enviou sendas cartas ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo e á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta en Santiago demandando unha actuación neste espazo.

“Falamos dunha instalación na que lamentablemente non se permite xogar e que se atopa nun estado deplorable; por ese motivo é polo que se lle solicita que se adopten as medidas oportunas para adecentar este espazo, que se atopa situado no casco histórico de Viveiro, ao lado da Igrexa de San Francisco”, advirte a alcaldesa nos escritos.

O grupo de goberno do Concello de Viveiro considera que “é unha lástima que o Partido Popular, que saca fotos habitualmente nos lugares da vila que se atopan en mal estado, non vira esta zona”.