Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Pilar Bellón é a gañadora do VI Concurso de Cartas de Amor de Ribadeo

Por 18 Febreiro, 2020Sin comentarios

A lucense Pilar Bellón Candal é a gañadora do VI Concurso de Cartas de Amor, que convocou a galería ribadense Terra Branca para celebrar o Día de San Valentín.

Un total de 72 cartas chegaron a Terra Branca procedentes desde diversos puntos da xeografía española e mesmo una delas desde o outro lado do Atlántico, desde Bogotá. José Ramón Leal, o propietario da galería, móstrase moi satisfeito: “estamos encantados co número de cartas que recibimos e que foi crecendo ano tras ano. Houbo presentacións moi bonitas, pero o que o xurado sempre ten en conta é o que se transmite a través destes escritos”.

Pilar Bellón Candal, natural do Corgo, como a premiada Benedicta Sánchez, de quen di sentirse moi orgullosa, quixo render homenaxe á súa avoa Aurora, que moi nova emigrou a Arxentina, deixando en Lugo ás súas fillas pequenas. A gañadora do VI Concurso de Cartas de Amor, de Terra Branca, ponse na pel da súa avoa para escribir Volverei.

O agasallo que recibirá Pilar Bellón Candal será unha peza de autor do ceramista Alfonso Otero Regal. Ademais Terra Branca realizará un vídeoclip coa carta gañadora, que colgará nas súas redes sociais nos próximos días.