Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Trabada xa conta con cartel anunciador do Entroido

Por 18 Febreiro, 2020Sin comentarios

A asociación O Picato en colaboración co Concello de Trabada, anunciaron ao gañador do cartel anunciador para as festas do Entroido.

A gañadora foi Silvia Cabanas, unha nena de Fórnea, que participou cos nenos do Ceip Celso Currás. A obra gañadora pasará a empregarase como imaxe de fondo do cartel anunciador do Entroido 2020.

Este concurso tivo un premio de 50 euros, que se entregará o día 7 de marzo cos premios do desfile.

Os actos comezarán co inicio do Desfile de Entroido, o 7 de marzo, dotado con 3.000 euros en premios, que dará paso á verbena a cargo do grupo Fénix e unha discoteca móbil. Máis tarde farase a entrega de premios.

Durante a festa haberá lambetadas para os participantes infantís, e os presentes poderán degustar doces típicos destas data. Como din dende a asociación, “o Entroido é unhas das principais citas de Trabada, consolidada e que medra ano a no”.

A organización agradece a participación de todas as persoas que se presentaron e a colaboración un ano máis do Ceip Celso Currás.