A Camovi segue cos adestramentos solidarios

A Camovi, a carreira dos montes de Viveiro, volve cos adestramentos solidarios.

Nesta edición da Camovi, os adestramentos serán solidarios, sendo necesaria unha doazón mínima dun euro para a Asociación Española Contra o Cancer AECC de Lugo, e que se realizará a través do proceso de inscrición na web de www.championchipnorte.com.

Aínda que o primeiro adestramento xa se fixo o 19 de xaneiro por Viveiro-Galdo, o seguinte está programado para o 23 de febreiro e será de Galdo a Naseiro.

Este percorrido terá 13 quilómetros e sairá de Galdo ás 9 da mañá.

O seguinte será o 29 de marzo, facendo 18 quilómetros dende Naseiro a Viveiro.

A organización recomenda levar polo menos meido litro de auga ou bebida isotónica e algo para picar como unha barrita, xel ou froita. Tamén que se revise o prognóstico do tempo para levar a roupa necesarioa como cortaventos, luvas…

Etiquetas