Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Pomba do Arco organiza unha nova edición do Touporroutou

Por 19 Febreiro, 2020Sin comentarios

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza un ano máis o Touporroutou, a tradicional cita do Entroido de Foz, que se celebrará o 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no salón de actos do Colexio Martínez Otero.

A Pomba do Arco solicita aos veciños a súa participación para que esta actividade poida seguir realizándose, e animan a que acheguen as súas coplas depositándoas nas caixas que están colocadas en diferentes bares e cafeterías da vila. Nesta ocasión a asociación deixou urnas no Acuario, Anduriña, Lar, Muelle Bar, Pachán, May Ros, Ribeira, Barrilete, Esquina e Chícaro.