Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz homenaxeará a Rosalía de Castro

Por 19 Febreiro, 2020Sin comentarios

Alfoz prepara diversas actividades o luns 24 de febreiro para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Dende a área de igualdade levarase a cabo a exposición Rosa, rosa… Rosalía, na que se incluirá a súa biografía e obra, poñendo en valor a figura da poetisa como referente de muller pioneira do feminismo na literatura.

Ademais, conxuntamente coa área de cultura, realizarase de 10 a 12 horas, na biblioteca municipal, un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Os participantes elaborarán diferentes ilustracións de Rosalía, e un mural xigante en 3D que se incorporará á exposición e elaborarán poemas con pictogramas a partir de poemas musicados de Rosalía e cadansúa chapa coa imaxe da poetisa.

Os interesados en participar no obradoiro creativo deberán anotarse antes do mércores 19 de febreiro no CEIP, no IES ou na biblioteca municipal, onde teñen dispoñibles as inscricións, así como na páxina web do concello www.concellodealfoz.com, onde poderán descargala e entregala en calquera destes lugares.