Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ribadeo agradece á Comisión do Entroido a organización dos festexos

Por 19 Febreiro, 2020Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradece o traballo realizado pola Comisión de Entroido nun tempo récord, anima á veciñanza a disfrazarse dos anos 20 e a participar nas actividades programadas para os vindeiros días. O pregón será xa este xoves, 20 de febreiro.

A edil dixo que “dende a Concellaría de Cultura queremos agradecer publicamente todo o traballo que está a facer a Comisión de Entroido para que, en tempo récord, toda a veciñanza de Ribadeo, e tamén todas as persoas que nos visitan, poidamos disfrutar dun Entroido cun programa ben xeitoso”.

Pilar Otero convidou “a todas as persoas a participar nos distintos eventos programados este ano 2020, dedicado aos felices anos 20, xogando cos números, e no que tamén se quixo recuperar a tradición das mascaritas. Animamos a toda a veciñanza a disfrutar e pasalo ben. Bo entroido”.

A festa dará comezo o xoves 20 coa Gala do Pregón de Entroido, da cal será pregoeiro o xornalista Javier Rivera.

O venres 21 no teatro de Ribadeo será a Festa do Freixó a partir das 17 horas e continuará o día 22 ás 12 horas.

Pola noite as charangas locais animarán as rúas de Ribadeo.

O domingo 23 a comparsa da Cocha xunto co Cuarteto Illa Pancha, animarán a xornada, para despois pola tarde desfrutar da concentración de mascaritas na praza do Cantón.

O luns 24, o luns fareleiro, haberá un baile infantil na sala Rosalar e unha cea de Entroido no restaurante Marinero, que servirá d epreludio para o martes de Entroido no que será o gran desfile desde a casa do Concello.

O percorrido do desfile será polas rúas Dionisio Gamallo, Clemente Mnez. Pasarón, avda. de Asturias , J.V. Pérez Martínez, avda. de Galiza, rúas Luzo Pozo Garza, Virxe do Camiño, San Roque, Rodriguez Murias, Vilafranca do Bierzo, Cantón.

Haberá premios para comparsas, carrozas, grupos, parellas e individuais en infantil e adulto. Para poder participar será necesario chamar ao 689 72 63 51. A organización lembra que as dez primeiras charangas en inscribirse recibirán unha achega económica especial de 100 euros cada unha, que se lles entregará en efectivo o mesmo día do desfile, a maiores da posibilidade de optaren a premio.

O prazo de inscrición comeza o día 20 de febreiro e os dorsais entregaranse o día do desfile entre as 14.00 e as 16.45 H.

O sábado 29, ás 21.00 horas será a saída da comitiva fúnebre do Cantón dos Moreno, formada de viúvos e viúvos. Ao final, será a Queima do Entroido na avenida Rosalída de Castro, no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche da festa.