Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz anunciou o inicio do reparto de composteiros domesticos

Por 20 Febreiro, 2020Sin comentarios

Nos vindeiros días o Concello de Foz entregará aos veciños e veciñas anotados, composteiros individuais fáciles de instalar no exterior das vivendas ou nas eiras anexas. Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que veñen acompañados dun pequeno manual de instrucións de como realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto.

A Concellería de Medio Rural de Foz considera que a compostaxe é parte da solución para contribuir  a reducción da pegada medioambiental e para mellorar o noso entorno, o noso Concello e o noso Planeta, e está  a ser xa un dos eixos de funcionamento da Concellería.

Prodúcense centos de kilos de materia orgánica en cada casa nun ano, e coa compostaxe evitamos que pasen ao camión do lixo; non van ir en tren ou camión a Sogama, non se van incinerar. Polo tanto eses residuos non van producir contaminación no país e vanse aproveitar para xerar enriquecemento do solo dentro da propia vivenda, en suma estamos falando so de ventaxas, ista é a filosofía esencial da compostaxe doméstica. É un proceso limpo, ecolóxico, que non produce cheiros, para isto o máis recomendable é dispor dun colector específico para a compostaxe. Non se necesitará facer gasto en mantemento, pois non require de ningún tipo de mecanismo.

Iniciase a continuación e até o día 13 de marzo na Oficina de Medio Ambiente do Concello, a anotación de novas persoas interesadas para outra futura nova entrega. Próximamente realizaranse novas accions neste eido medioambiental.