Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Ribadeo pide iluminación e vixilancia no aparcadoiro de camións

Por 20 Febreiro, 2020Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Elena Sierra, critica a falta de iluminación e vixilancia do terreo dedicado ao aparcadoiro de camións.

A popular sinala que o Grupo Municipal do PP xa ten trasladado ao goberno local durante o último pleno da corporación a preocupación existente entre os camioneiros que fan uso deste aparcadoiro; polo que agarda que “o señor Suárez escoite as demandas dos camioneiros que nos últimos días sufriron roubos de combustible nos seus vehículos e actúe de inmediato”.

A falta de iluminación da parcela demostra, para Elena Sierra, que “este espazo non está preparado para ser un aparcadoiro ”. Polo tanto, “pedimos unha maior vixilancia e unha mellor iluminación” que contribúe a dotar dunhas características axeitadas a este espazo que é empregado para aparcar camións; pero que, polo de agora, “non reúne as condicións de seguridade que demandan os camioneiros”.