Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo inaugurou a exposoción ‘Auga. O sangue da terra’

Por 21 Febreiro, 2020Sin comentarios

O alcade de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e outros membros da corporación municipal xunto con representantes de ABANCA  inauguraron este xoves a exposición Auga. O sangue da terra de Manuel Valcárcel na Casa da Cultura de San Cibrao.

Neste día de estrea o autor levou a cabo unha visita guiada a través dos cadros expostos para os alumnos do I.E.S. Marqués de Sargadelos.

Este proxecto, que pretende concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, poderase visitar desde o día 20 de febreiro, ata o 22 de marzo, na sala de exposicións, en horario de 9.00 a 14.30 horas, e de 16.00 a 20.00 horas, de luns a venres.

A exposición itinerante enmárcase no proxecto Corrente Cultural de Afundación, Obra social de Abanca.

Villares destacou o valor que teñen este tipo de colaboracións entre organismos, xa que “como prestación deste acordo imos poder contar no noso Concello cun ambicioso proxecto de concienciación medioambiental, que vai en consonancia coa política de racionalización dos recursos naturais que xoga un papel fundamental na nosa acción de goberno”.

Pola súa banda, Caramés recordou que “pretendemos que as salas de mostras municipais estean vivas os 365 días do ano” e recordou, que  “as instalacións públicas están sempre a disposición para a divulgación de calquera iniciativa cultural”.