Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz inicia os actos de celebración do Día de Rosalía de Castro

Por 21 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Concellería de Normalización Lingúística do Concello de Foz ven a convidar a todolos veciños e a cantos queran, a celebrar a nosa poeta, no 183 aniversario do seu nacemento.

“As estrelliñas todas que aló no espazo están, sorrindo nos miraban con soave craridá” de Cantares Gallegos. Seguramente Rosalía nunca imaxinou que o seu nome remataría por ter un sitio no firmamento. Pero A Asociación Astronómica Io da Coruña foi a promotora da candidatura para nomear a antiga estrela HD 149143 e o planeta HD 149143 b que xira en torno a ela. Grazas a o pulo desta Asociación podemos agradecer que Rosalía poda estar presente no espazo. Pásanse a chamar Rosalía de Castro e o planeta chamarase Río Sar. Xa está a disposición das interesadas dende o pasado día 10 de febreiro e até o día 03  a unha serie de paneis informativos sobre estes obxectos celestes na Biblioteca Salgado Toimil de Foz, para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Asemade o día 21 celébrase tamén O Día Internacional da Lingua Materna cos obxectivos de promover o uso de todalas linguas e a diversidade cultural. As linguas do mundo, o noso galego e o de Rosalía, son un patrimonio cultural e intelectual que hay que protexer, de gran importancia e trascendencia cultural

Para celebrar xa o día 24 o día de Rosalía, o Concello de Foz adhírese tamén a iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e realizará a lectura do manifesto no día de Rosalía deste ano. A Concellería de Normalización Lingüística convida a quen quera participar a un acto de lectura de poemas da nosa escritora nacional no Cenima o vindeiro día 24 de febreiro a partir das 17 hs. Que Galiza teña como referencia nacional unha muller xa é ben significativo e é motivo de celebración, a súa rebeldía e ese estar sempre á beira dos humildes son as ideas xerais que manexa o pobo galego cando escolle Rosalía de Castro para darlle nome a unha escola, a unha rúa, a un grupo folclórico, a unha sociedade de emigrantes, a unha publicación e agora a unha estrela.