Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Burela denuncia a falta de rigor e control no gasto por parte do goberno socialista

Por 21 Febreiro, 2020Sin comentarios

Este xoves debatiuse no salón de plenos da Casa do Concello de Burela un recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar o pago de facturas por importe duns 87.000 euros. Os informes de intervención obrantes no expediente eran claros en canto á falta control e rigor. “Este tipo de informes de intervención, un total de 19 en 2019, xa son habituais no noso Concello nos últimos anos, sempre relacionados coas mesmas áreas (educación e cultura) e sempre no mesmo sentido: gastos sen control e sen consignación orzamentaria suficiente” indicou o voceiro do BNG en Burela, Mario Pillado, ó respecto.

Agora ademáis indícase que parte do servizo da Escola de Música estase prestando de forma indirecta, incumplindo a Lei de Contratos do Sector Público por non existir licitación nin contrato con ningunha empresa, ademáis de vulnerar os estatutos da Escola de Música nos que non se prevé a xestión indirecta da mesma” continuou Pillado.Aínda que este tipo de situacións sempre se vinculan coas mesmas áreas de gasto a responsabilidade non se restringe só ó titular da mesma senón que o alcalde é o máximo artífice do desastre coas contas. “Todo isto ven derivado de non ter aprobada a nova RPT pois na existente o que se establece para a Escola de Música non se corresponde co que figura no cadro de persoal dos orzamentos” sinalou Pillado.

Os nacionalistas fixeron referencia á nova situación política en Burela, ” nos ante esta situación non podíamos estar a favor e por iso nos abstivemos para que se empresas e autónomos da vila poideran cobrar eses servizos prestados, pero o señor alcalde e o seu grupo teñen que entender que se queren contar co apoio do noso grupo nos diferentes asuntos a tratar van ter que cambiar de forma radical a súa forma de xestionar e proceder, como lles indican os técnicos muncipais” finalizou o voceiro nacionalista Mario Pillado.