Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O CIM e o Concello de Viveiro organizan unha Cea-Baile de Irmandade

Por 21 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro organizan, un ano máis, a XVII Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

“Esta iniciativa xa é unha tradición e pretende favorecer as relacións sociais e o fomento do tempo de lecer das mulleres”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. Este ano se celebrará o día 7 de marzo de 2020, sábado, no restaurante Louzao (Area-Viveiro).

O menú, cun prezo de 40 euros por persoa, estará composto por mariscada do Cantábrico, sorbete, carne, postre, viño branco e tinto, café e barra libre. A velada estará amenizada por un grupo musical e haberá sorteo de regalos.

As mulleres interesadas poderán retirar a súa tarxeta no restaurante Louzao ata o día 5 de marzo de 2020, xoves. Para calquera información ou dúbida, poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (982 550 421 – 982 562 149) ou ao restaurante Louzao (9825 50 642 – 982 551 042).