Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela organiza diversos actos no Día de Rosalía, o 24 de febreiro

Por 22 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Concellería de Cultura organiza diversas actividades con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, que se celebrarán o vindeiro luns, 24 de febreiro.

Ás 12:45 horas terá lugar a colocación na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do día de Rosalía e ás 12:55 hora procederase á lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Será no salón de plenos. E ás 13:00 horas o alumnado do CEIP Vista Alegre interpretará a canción Negra Sombra, baseada na composición de Rosalía de Castro. Estarán acompañados de Óscar Fernández, guitarrista de Eu Son Band.

Ao longo da vindeira semana farase un reparto nos colexios de Burela de marca páxinas conmemorativas, que tamén estarán dispoñibles para os usuarios e usuarias que se acheguen eses días á Biblioteca Municipal, á Casa da Xuventude ou ao propio Concello.