Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro anuncia cortes de tráfico puntuais para o martes de Entroido

Por 23 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro celebra o próximo martes, día 25 de febreiro, o seu tradicional desfile de Entroido, que suporá cortes de tráfico puntuais.

O desfile sairá da explanada da Variante ás 17:30 horas, discorrendo a continuación pola Variante, avda. de Ferrol, Navia Castrillón, Praza de Lugo e Travesía da Mariña, ata chegar á Porta de Carlos V.

Haberá cortes de tráfico nas vías indicadas, que irán abríndose segundo discorra o desfile, cunha duración estimada de 2-3 horas.

Ademais, vaise prohibir o estacionamento -ata finalización do desfile- a partir das 20:00 horas do luns 24 de febreiro na marxe dereita da Travesía da Mariña, nas zonas de carga e descarga e nas paradas de bus, con excepción das prazas de estacionamento habilitadas para persoas con mobilidade reducida.

O concello repartirá no desfile máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías.