Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Lourenzá acollerá a concentración de scooters, motos e coches clásicos

Por 24 Febreiro, 2020Marzo 5th, 2020Sin comentarios

O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará varios eventos este ano, entre eles a 5ª Reunión Amigos de VespaFaba&Clásicos, que será o 9 de abril.

Coma sempre, a concentración de scooters, motos e coches clásicos coincida co Xoves Santo.

Os organizadores da reunión esperan xuntar uns 50 ou 60 vehículos.

Os asistentes poderán desfrutar cos actos programados; unha exposición de vehículos, unha visita ao Museo Interpretación da Faba, sesión vermú, comida no Recinto Feiral, xynkana de Scooters e verbena con orquéstraa Panorama.

O prezo da reunión aínda está por determinar, pero o ano pasado foi de de 15 euros.

Esta actividade está organizada pola asociación VespaFaba&Clásicos Lourenzá e colabora o Concello.