O CIM de Mondoñedo convoca un concurso de igualdade entre escolares da zona

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo con motivo da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller, organiza entre o alumnado dos centros educativos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto, o concurso de debuxo infantil e xuvenil baixo o nome de Debuxando en igualdade, co obxectivo de previr todo tipo de desigualdades, de sensibilizar e concienciar á cidadanía cara un cambio no modelo de relacións sociais entre mulleres e homes.

O concurso establece 6 categorías, as tres primeiras para pequenos de 6-12 anos de Primaria, a dúas seguintes para Secundaria e al última, a F, para os pequenos de BAC. Recibirán premio os dous mellores traballos en cada categoría, que consistirá nun lote de libros e material escolar.

Os traballos a presentar serán debuxos en soporte cartulina en tamaños DIN a4 e DIN a3 podendo utilizarse calquera técnica. Ademais, a temática terá que versarse na igualdade entre homes e mulleres e se hai algún eslogan terá que ser en galego.

O data límite de entrega de traballos é o venres 28 de febreiro.

O xurado reuniranse para tomar unha decisión o 6 de marzo e a entrega será o día 8 dese mesmo mes na biblitoeca de Mondoñedo.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: