Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Club Atletismo Lourenzá acadou tres bronces

Por 24 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Club Atletismo Lourenzá logrou 3 medallas de bronce no XXXI Campionato de Galicia Máster de Atletismo en Pista Cuberta, que se celebrou este pasado sábado en Ourense.

Raquel Díaz Fernández conseguiu senllas medallas de bronce nas probas de 800 e 3.000 metros na categoría M40.

Pablo Fernández García logrou facerse co bronce na proba de 800 metros na categoría M50. Tamén participou Juan Méndez, que se clasificou cuarto nos 400 metros M35.