O Club Atletismo Ribadeo logrou 11 medallas no Campionato Galego Máster en Pista Cuberta

O Club Atletismo Ribadeo logrou 11 medallas (4 de ouro, 4 de prata e 3 de bronce), no XXXI Campionato Galego Máster en Pista Cuberta, que se disputou en Ourense este pasado sábado.

Os catro atletas do Club Atletismo Ribadeo que participaron nese evento deportivo acadaron medallas en todas as probas que disputaron.

Rocío Díaz Mesa quedou campioa galega Máster 50 en 400 metros lisos, cun tempo de 1.18.91; subcampioa galega Máster 50 en 800 metros lisos, cun tempo de 2.53.60; e logrou medalla de bronce Máster 50 en 3.000 metros lisos, cun tempo de 12.27.80.

Emilio José González Fernández quedou campión galego en altura Máster 40, cun salto de 1,49, o que le supuxo unha nova plusmarca persoal; subcampión galego Máster 40 en lonxitude, cun salto de 5,03, volvendo facer plusmarca persoal; e medalla de bronce Máster 40 en triplo salto, con 10,28.

Emilio Ramón Fernández Rodríguez debutou na competición federada disputando tres probas e quedou subcampión galego Máster 55 en 400 metros lisos, cun tempo de 1.06.94; subcampión galego Máster 55 en 200 metros lisos, cun tempo de 30.77; e medalla de bronce en 60 metros lisos, cun tempo de 9.25.

Ana María Ferradás Barrera quedou campioa galega Máster 55 en 60 metros lisos, cun tempo de 10.82; e campioa galega Máster 55 en lanzamento de peso 3 Kg, cunha marca de 6,10 metros.

Etiquetas