Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os alcaldes de Cervo e Xove amosan o seu apoio cos traballadores de Alcoa

Por 24 Febreiro, 2020Sin comentarios

Os Concellos de Xove e Cervo, nunha mostra de apoio máis aos traballadores de Alcoa e ás súas familias, moitas delas veciñas dos nosos municipios; e tamén pola vital importancia que a supervivencia da empresa ten para os propios Concellos como institucións, pon a disposición da veciñanza e dos traballadores municipais que libremente desexen acudir á manifestación do próximo mércores 26 de febreiro en Lugo organizada polo Comité, dous autobuses gratuítos que complementarán aos que o propio Comité de Empresa ten programados.

O autobús de Xove sairá ás 8.00 horas da marquesiña do Centro Cívico de Xove; e o de Cervo sairá tamén as 8.00 horas da Casa do Mar de San Ciprián, parando ás 8.15 en Cervo. O regreso será a mediodía.

Os alcaldes de ambos Concellos piden ao Goberno do Estado que cumpra as súas promesas e estableza as condicións necesarias para que prezo da enerxía se sitúe na contorna dos 35 euros que posibilitarían seguir fabricando aluminio en España.

“Non entendemos como o presidente do Goberno veu onte a un mitin a Santiago e non trouxo unha solución ao grave problema no que se atopa a nosa industria. Só trouxo promesas baleiras, igual que xa fixera na véspera das eleccións xerais, tratando de rabuñar uns votos mentres a nosa industria está agonizando” rematan os rexidores.