A asociación equina A Medela prepara a XXIII Ruta Cabalar

A asociación equina A Medela, de Xove, prepara para o 15 de marzo a XXIII Ruta Cabalar.

Este ano a saída será desde o campo da festa de Sumoas ás 10  horas. Haberá pinchos a media ruta e un xantar na carpa situada en Sumoas, servido por Cesáreo Eijo e amenizado por un grupo musical aínda sen confirmar.

O xantar ten un prezo de 20 euros por persoa.

Para participar no xantar é necesario apuntarse chamando ao 637 562 351, 629 810 710 e 666 137 440.

A data limite para inscribirse é o 12 de marzo.

A organización lembra que haberá agasallos e sorteos para os participantes.

Etiquetas