Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro informa de restricións de tráfico na rúa Nicolás Cora

Por 26 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro anuncia que, con motivo do inicio das obras de demolición parcial e reconstrución para a adaptación á normativa urbanística dun edificio da avenida Nicolás Cora Montenegro, número 50 (en cumprimento de execución de sentenza), é necesaria a instalación dun guindastre de grandes dimensións.

A instalación do referido guindastre está prevista para o venres 28 de febreiro, a partir das 08.00 horas, estimándose que estas labores de instalación rematen durante ese mesmo día.

A referida instalación conlevará restricións de tráfico na rúa Nicolas Cora, e restrinxirase totalmente a circulación de vehículos, con excepción dos accesos a garaxes situados nesa rúa.

Ademais, non se poderá estacionar en toda a rúa dende a tarde do xoves 27 de febreiro, a fin de habilitar dobre saída de circulación para entradas e saídas de garaxes a ambas marxes do número 50.

Á altura do inmoble número 50, a circulación verase totalmente restrinxida e permitirase o acceso de vehículos para facer uso da praza de transporte adaptado existente antes no número 50 desta rúa.

Por último, veranse afectadas as paradas de bus escolar da Praza Juan Donapetry e de Nicolás Cora, polo que se solicita aos escolares usuarios das mesmas que ese día fagan uso da parada de bus existente fronte ao Conservatorio de Música ou aquela que, no seu caso, indiquen dende a empresa de autobuses.