Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo ofrecerá unha obra de teatro adicada a Rosalía de Castro

Por 27 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, ofrecerá unha obra de teatro adicada a Rosalía de Castro o 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller.

Rosalía é moito máis que un achegamento teatral á súa vida e á súa obra, será no auditorio da Casa da Cultura ás 19.00 horas.

Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.

Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.