Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A app Ribadeo cerca de ti ofrecerá novedosos servizos

Por 28 Febreiro, 2020Sin comentarios

Ribadeo contará cunha nova app Ribadeo cerca de ti, na que ofrecerá novedosos servizos a clientes e socios.  Trátase dunha nova ferramenta que pretende converterse en esencial e referente na contorna de Galicia e Asturias.

Segundo indica Jesús Pérez, gerente de ACISA, “Ribadeo cerca de ti é a nova plataforma online para achegar o comercio e a hostelería local aos seus veciños e visitantes, na que poderán atopar toda a información que necesitan para vivir, ver, visitar e gozar de Ribadeo, permitindo aos nosos socios achegarse máis aos seus clientes. Pretendemos dar un paso adiante en innovación tecnolóxica creando unha forma directa e gratuita de chegar aos nosos clientes”.

Pérez Prada sinala que “con esta app pretendemos crear un escaparate onde mostrar unha plataforma de fidelización coa que poder premiar aos nosos clientes. Xunto cunha guía de lecer e turismo, de eventos, así como un directorio de teléfonos de interese e outras funcións moi interesantes, fará desta app, a máis completa e será unha canle completamente actualizado. Poderemos promocionar e publicitar a todos os nosos socios, é unha ferramenta a través da que realizar promociones ou descontos, cando e como queiran de forma individualizada e gratuita. Este é o maior potencial da nosa app, ademais posibilita dispoñer dunha canle aberta cos usuarios da mesma, podéndolles informar no seu dispositivo de eventos, promociones ou actividades, equiparando esta canle de comunicación directa e instantáneo a unha mensaxe de WhatsApp”.

Entre as funcións que se contemplan nesta nova app, destacan os apartados de shopping, hostelería e servizos, onde atoparemos un directorio actualizado de socios, con descricións, a súa geolocalización, teléfonos? e todo o que os socios queiran que se coñeza deles. Este será o seu lugar de promoción propio. O espazo adicado á fidelización, denominado Tarxetas CCA, pretende ofrecer aos nosos asociados a posibilidade de fidelizar aos seus clientes creando as súas propias promociones ou ofertas; modernizando o sistema tarxeta/ selo. Con estaApp non é necesario que teñan un ordenador nin que instalen ningún programa.

Tamén conta con outras funcións como informar das campañas e eventos propios, así como das que se realicen en Ribadeo por parte doutras entidades. Tamén haberá un apartado onde poder consultar información de interese xeral, farmacias de garda, taxis, seguridade…

A parte destinada ao turista da app está repartida en varias funcións, unha relativa á praia das Catedrais, onde se poden consultar as mareas para visitar o arenal e desde onde se poden sacar os pases para acceder a ela. E outra con información turística xeral de lugares que visitar, empresas de lecer, consultar a cartelera do cine, contacto de empresas de aventura, axenda cultura…