O Concello de Ourol organiza un curso de informática básica

Dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad de Burela e dentro do seu programa Inserta Bumei, vaise a levar a cabo un curso de informática básica.

Este curso, que dará comezo o día 2 de marzo de 2020, realizarase de luns a venres en horario de 10.00 a 12.00 e prolongarase durante 4 meses.

As clases terán lugar na Casa da Cultura e incluirá contidos relacionados con formacion inicial básica para o manexo dun ordenador (teclado, rato, escritorio…etc), inicio aos navegadores da internet, inciación ó correo electrónico e nocións básicas para elaborar e modificar o curriculum vitae así como o envío do mesmo a través de internet.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: