O Xove Costa Trail será o 22 de marzo

Os organizadores do Xove Costa Trail xa teñen en marcha a nova edición da carreira, que este ano celebrarase o 22 de marzo.

Trátase de desfrutar dun dos trails costeiros máis espectaculares de Galicia na que xa hai case 260 inscritos.

Haberá dúas distancias, 15 e 25 quilómetros, a andaina de 15 quilómetros e a carreira para nenos. Tamén contan este ano con novas zonas de paso e modificacións de percorrido.

Contarán con dúas zonas de avituallamiento, unha en Roncadoiro e outra no mirador de Sucastro.

O último día para anotarse é o 17 de marzo.

O Xove Costa Trail é unha carreira por montaña que transcorre na súa maioría do percorrido pola senda costeira do Camiño Natural do Cantábrico, desde a Praia de Portonovo percorrendo todo o sendeiro costeiro, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: