Rematan as obras en Órrea e Lourido

Remataron estes días en Riotorto os obras de mellora e acondicionamento das estradas e accesos a Lourido e do campo da festa de Órrea, dúas obras conxuntas nun mesmo proxeto que tiveron un orzamento de 48.000 euros.

As obras executáronse nunha semana no mes de febreiro e foron con cargo aos fondos concedidos pola Xunta de Galicia en subvención.

Ambas as dúas foron solicitadas por parte dos veciños debido ao estado no que se atopaban ambos lugares. Deste xeito, as próximas celebracións de Órrea contarán co lugar en bo estado.

 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: