Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O areal de Ril en Burela, incluído na Rede Galega de Praias Sen Fume

Por 2 Marzo, 2020Sin comentarios

A Concellería de Medio Ambiente inicia os trámites para incluír ao areal de Ril na Rede Galega de Praias Sen Fume na vindeira tempada de baño, na de 2020. 

A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explica que “acabamos de iniciar os trámites necesarios para incluír, na tempada de baño 2020, á praia de Ril dentro da Rede Galega de Praias Sen Fume, promovida polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS), dentro do  Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco”

Eijo Silvoso subliña que “os obxectivos que persegue o Concello con esta iniciativa centraranse, entre outros, na promoción dunha vida sen tabaco e de respecto ao medio ambiente, a través da implementación progresiva do referido programa nun ámbito de dominio público, como son as praias do municipio”.