Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz celebra o Día da Muller coa proxección da curtametraxe Mans Salgadas

Por 4 Marzo, 2020Marzo 5th, 2020Sin comentarios

En Mans salgadas, mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus oficios. No proxecto quíxose poñer énfase nos traballos vinculados ao mar na vila mariñeira de Foz, especialmente aqueles con protagonismo feminino, comunmente infravalorados e que, co paso do tempo, ficaron nun segundo plano, desapareceron ou deron nunha mudanza necesaria: a actividade nas conserveiras, a recollida da olga, o arranxo das redes… Un motivo de orgullo para o Concello que a rapazada gabe a enorme labor das mulleres e nesta ocasión o Concello de Foz quere poñer en valor o traballo delas e o das alumnas.

O proxecto da curtametraxe Mans salgadas, realizada por alumnado de 3º ESO e 1º BACH do IES de Foz (Rosa Martín, Marta Rega, Uxía Rodríguez, Eva Martínez, Carla Neira, Iria Araúzo, Manuel Menacho, Carla Palmeiro e Diana Rodil -alumna do IES San Rosendo-), resultou premiado no Concurso de Proxectos Audiovisuais Vidas Mariñeiras 2018, un programa de formación audiovisual para o coñecemento da contorna a cargo do GALP (Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal).

O vindeiro día 7 de marzo as 12 horas no Cenima de Foz compartirán coas autoras e as protagonistas, unha xornada previa a conmemoración do 8M.