O Centro de día Aloumiños prestará o Servizo de Axuda no Fogar

O Centro de Día Aloumiños de Foz ven de obter a correspondente autorización, por parte da Consellería de Políticia Social, para prestar o Servizo de Axuda no Fogar baixo o nome de Aloufogar.

Este programa de Servizos Sociais comenzará a funcionar a partires do día 2 de marzo, para atender ás  familias, para que poidan conciliar a súa vida familiar e laboral.

Entre outros, os servizos que prestará será a atención social familiar, a asistencia nas actividades da vida diaria, a orientación en xestións administrativas, a atención nas necesidades domésticas, o acompañamento ao hospital e/ou ás consultas médicas, o transporte adaptado, …

Por outra parte, Aloumiños informa que abrirá as súas portas todos os domingos do ano. Prestando, deste xeito, os seus servizos de luns a domingo, ambos inclusive.

Hai que lembrar que Aloumiños é un Centro de Día autorizado a abrir os 365 días do ano.

Etiquetas