Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A axenda cultural de Burela inclúe ópera e teatro

Por 6 Marzo, 2020Sin comentarios

A axenda cultural de Burela para o mes de marzo inclúe unha ampla variedade de actividades no auditorio municipal.

Así, o domingo 8 poderase desfrutar da Ópera Rigoletto de Giuseppe Verdi a partires das sete da tarde. As entradas saen á venta esta semana, a través da plataforma ataquilla.com. 

O sábado 14 ás 20.30 horas o grupo de teatro Andanzas de Viveiro representará El caso de la mujer asesinadita. 

O martes 17 ás 20.00 horas será a presentación oficial da programación de Semana Santa e estará amenizada por unha actuación musical aínda sen determinar.

O domingo 22 ás 18.30 horas os máis pequenos poderán desfrutar dunha película de cune gratis.

Xa por último, o sábado 28 ás 20.30 Etiqueta Negra Producións presenta o monólogo Divina de Ledicia Sola. A entrada poderase mercar o mesmo día no auditorio por 4 euros.

Tamén está aberta a esposición Luces y Sombras de Julio Noche que poderase visitar ata o 27 de marzo en horario de luns a venres e de 10 a 13 e de 17 a 20 horas.