XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña de Xove será o 14

Os veciños de Xove celebrarán o vindeiro sábado 14 de marzo unha nova edición da Festa do Lacón e Foliada da Mariña.

A partir das 16.00 horas comezarán os obradoiros infantís e desde as 20.30 horas os presentes poderán degustar no pavillón municipal un delicioso menú composto por sopa, patacas, chorizos, lacón, pan e bebida e con chocolatada incluída.

A partir das 22.30 horas será a quenda da gran foliada a cargo dos Pandereteiros de Cantigas e Agarimos de Santiago, os Argallo de Xacarandaina de Coruña, os Gaiteiros e Pandereteiras de Santaia de Oleiros, os Pandereteiros do Pazo de Padroado de Narón, a Cordenaia de Cervo, Os do 21 do Vicedo, e os Gaiteiros e Pandereteiras de Saiñas de Xove.

O prezo da ración será de 9 euros e si os tickets da festa adquírense en venda anticipada o custo da ración será de 8 euros.

Haberá sorteos dunha estancia nun hotel con spa e cea para dúas persoas.

Etiquetas