Barreiros anuncia unhas videoconferencias para os luns de marzo

O Concello de Barreiros anuncia unhas videoconferencias que se poderán seguir todos os luns de marzo dende a aula CeMIT (Teleclub San Cosme) de 17.00 a 18.00 horas.

O programa das xornadas será o luns 9 A mensaxe e a linguaxe igualitarias, o luns 16 Eu me empodero, ela se empodera, o luns 23 Son muller e non estou soa e o luns 30: A historia feita por mulleres.

Etiquetas