Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Manuel Manquiña leva a Alfoz a obra Relatos Negros

Por 7 Marzo, 2020Sin comentarios

O sábado 21 de marzo, no Salón de Actos da Casa da cultura de Alfoz Manuel Manquiña representará a obra Relatos Negros. A entrada a obra é gratuíta e dará comezo ás 20.00 horas.

Trátase dunha divertida obra teatral sobre unha das fascinacións do home: o asasinato. Todas as persoas teñen un hobby, algo co que encher o seu tempo e a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias sobre crimes.

Para celebrar o Día do teatro, a Delegación de Cultura aposta por unha gran obra na que o humor cobrará protagonismo con esta obra dirixida por Darío Autrán e protagonizada por Manuel Manquiña.

Tamén se realizarán actividades na Biblioteca Pública Municipal durante a semana do 27 para poñer en valor o teatro.