Xa hai gañadores do concurso de debuxo infantil Debuxando en igualdade

Xa se coñece aos gañadores do concurso de debuxo infantil e xuvenil e Debuxando en igualdade que organizou o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo con motivo da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller.

O concurso estableceu 6 categorías, as tres primeiras para pequenos de 6-12 anos de Primaria.

Así, en 1º e 2º de Primaria os gañadores foron Antía Gómez Piñeiro do Ceip de Bretoña e Ariadna Anello Díaz do Ceip Álvaro Cunqueiro.

En 3º e 4º de Primaria, os gañadores foron Sergio García Carracedo do Ceip Álvaro Cunqueiro e Alejandro Riveira Pego do Ceip de Bretoña.

E en 5º e 6º de Primaria, foron Adriana Fernández Prado do Ceip Álvaro Cunqueiro e Xoán Zoe Riveira Pego Ceip de Bretoña.

Os pequenos recibirán como premio un lote de libros e material escolar. A entrega será o día 8 na biblitoeca de Mondoñedo.

Etiquetas